Muíño de Pena
F ermosa maquía que hoxe en día funciona como un complexo de turismo rural. Esta maquía era unha auténtica industria dedicada á moenda do gran e aserradoiro de madeira. Proporcionou durante moitos anos un servizo indispensable aos veciños da comarca empregando como forza motriz o salto de auga do Río Mera. A fábrica traballou ata a década dos setenta, aínda que nos últimos anos só se empregaba como muíño. Naquela época os propietarios construíran un aserradoiro con tecnoloxía moderna que funcionaba con enerxía eléctrica. No ano 1998 comezaron os traballos de rehabilitación da vivenda que remataron no 2003 cando O Muíño de Pena se abriu ao público como establecemento de turismo rural.