Igrexa parroquial de San Miguel de Pereira
I grexa do século XVIII de estilo barroco. Planta dunha nave rectangular con presbiterio destacado na planta e mais no alzado. Nave con cuberta de madeira por paringleira. Arcaván trunfal de medio punto sobor de pilastras con impostas. Sobor da sancristía, un altillo aberto cara ao presbiterio con varanda de balaústres de madeira torneada e que funciona coma tribuna en casos de moita afluencia.