Ruta do Río Mera



Río Mera

A Ruta do Río Mera que discorre polas marxes do Río Mera desde o lugar de Ponte Puñide até a praia fluvial de A Tarroeira, onde se une co Río Tambre. Esta ruta pretende ser unha invitación ao coñecemento e a interpretación dos valores e recursos naturais do contorno ripícola do Río Mera. Esta senda ten un trazado lineal duns 1200 metros aproximadamente (2,55 km contando ida e volta). O seu punto de partida está na zona de Ponte Puñide e conta cunha derivación duns 50 metros até onde se atopa a ponte romana que lle dá nome. Esta ponte forma parte da Vía Romana XIX; traxecto utilizado polos romanos e que unía as cidades de Braga en Portugal coa de Lugo en Galicia. Podemos achegarnos ata a igrexa parroquial de Santa María de Gonzar e o seu cruceiro (ida e volta 8,2 kms).

descarga la ficha en PDF de este itemdescarga los tracks y waypoints de esta rutaenlace a google maps
joomla template